Premios

O concurso rematará coa entrega de catro premios, dous por categoría, un elixido por votación popular e outra por un xurado nomeado pola organización. O galardón consistirá nunha excursión de un día para toda a clase, con comida, merenda e transporte incluídos.

Día nunha granxa escola para o alumnado de infantil

As dúas clases gañadoras da categoría de educación infantil conseguirán unha excursión para pasar todo o día na Granxa Escola O Kiriko, situada en Fornelos de Montes, concello do territorio do GDR 14. Alí os nenos e nenas realizarán diversas actividades relacionadas co medio rural, a natureza e coa adquisición de valores implicados na convivencia, no traballo en equipo, na colaboración e no respecto.

Para iso os cativos e cativas estarán en contacto coas diferentes especies que viven na granxa e poderán darlles de comer ou muxilos, coñecerán as diferentes plantas que se cultivan e axudarán na horta e converteranse en cociñeiros elaborando galletas que logo poderán levarse a casa.

Día de aventuras para o alumnado de primaria

As dúas aulas que gañen este concurso poderán participar nunha excursión ao centro de actividades na natureza FervenzAventura, ubicado en Silleda. Combinación de aventura e natureza para aprender o valor da riqueza natural da contorna e a necesidade do seu coidado a través dun completo programa que combina actividades de educación ambiental e aventura.

Será unha xornada de convivencia e traballo en equipo para contribuír ao desenvolvemento persoal do alumnado, a súa autoestima e independencia con actividades aínda por determinar pero que poden ir dende xogos de aventura, como o rocódromo ou a tirolina, ata aprender os segredos do bosque, desfrutar dos animais da granxa ou da horta ou un gran xogo de orientación con GPS.