Día nunha granxa escola para o alumnado de infantil
As dúas clases gañadoras da categoría de educación infantil conseguirán unha excursión para pasar todo o día na Granxa Escola O Kiriko, situada en Fornelos de Montes, concello do territorio do GDR 14. Alí os nenos e nenas realizarán diversas actividades relacionadas co medio rural, a natureza e coa adquisición de valores implicados na convivencia, no traballo en equipo, na colaboración e no respecto.
Para iso os cativos e cativas estarán en contacto coas diferentes especies que viven na granxa e poderán darlles de comer ou muxilos, coñecerán as diferentes plantas que se cultivan e axudarán na horta e converteranse en cociñeiros elaborando galletas que logo poderán levarse a casa.