Día nunha granxa escola para o alumnado de infantil
As dúas clases gañadoras da categoría de educación infantil conseguirán unha excursión dun día á granxa-escola Corazón de Carballo, situada en Tomiño. Alí os nenos e nenas realizarán diversas actividades relacionadas co medio rural, a natureza e coa adquisición de valores implicados na convivencia, no traballo en equipo, na colaboración e no respecto. Educación ambiental e artística mediante multitude de actividades realizadas co obxectivo de ser cosmopolitas, plurais, abertas e multiculturais.
Durante toda a xornada do 15 de maio, os nenos e nenas participarán en diferentes actividades que terán como obxectivo achegalos á natureza e proporcionarlles valores como a convivencia, o traballo en equipo, a colaboración e o respecto.