Proxectos infantil 2019

CEIP Plurilingüe As Solanas (A Guarda)

3º e 6º Educación Infantil

CEIP Plurilingüe As Solanas - Nicolás Gutiérrez Campo (A Guarda) 3º e 6º Educación Infantil

Descrición do proxecto

 

O noso mural representa o traballo desenvolvido a través do proxecto común «As vacas». Nel reflíctense as aprendizaxes logradas logo dun traballo de equipo e investigación por parte do alumnado, xunto cunha visita a unha explotación vacuna.

 

É un mural inclusivo que achega os coñecementos a todo tipo de alumnado.

CEIP de Laredo (Redondela)

4º Educación Infantil

CEIP de Laredo (Redondela) 4º Educación Infantil

Descrición do proxecto

 

O alumnado de 3 anos vivimos o rural dun xeito moi vivencial no día a día da nosa escola. Fixemos unha saída ao monte próximo coa colaboración da nai dun alumno que é enxeñeira forestal e presentounos o seu ofício in situ, onde aproveitamos para facer talleres de arteterapia, lecturas ao aire libre, creación de mándalas e mindfulness, xogo libre, picnic saudable… cooperando e compartindo cos nosos compañeiros/as.

 

Noutras sesións degustamos froitos do bosque e marmelada caseira feita por unha nai no paseo marítimo, avistamento de paxaros e construción de casetas recicladas e comedeiros caseiros coa colaboración das familias.

 

Visitamos os patos da praia, buscamos insectos, peixes, aves… rematando coa elaboración de debuxos sobre o que queremos ser de maiores, e os lugares que máis nos gustan da nosa contorna.

 

No rural o centro ábrese á contorna e esta penetra na vida da escola! #Creandorural!

 

Mira o noso vídeo do noso proxecto: http://www.edu.xunta.gal/centros/ceiplaredo/?q=node/1073.

CEIP Mallón (Nigrán)

6º Educación Infantil

CEIP Mallón (Nigrán) 6º Educación Infantil

Descrición do proxecto

 

Situados a escasos metros dunha das fantásticas sendas do Val Miñor, ‘Río Muíños’, decateime de que moitos/as nenos/as non a coñecían. Tras recorrer una pequena parte, atopamos unha pedra cunhas marcas que parecían as uñas dalgún animal. Fixemos unha carta para investigar e descubrimos que… os dragóns existen! E axúdannos a cuidar a natureza. Un deles enviounos unha carta contestando ás nosas dúbidas e fixemos un libro e un mapa do tesouro.

 

O obxectivo do noso mural é promocionar o coñecemento, coidado e mantemento dos sendeiros e rutas do Val Miñor. Como eixe motivador temos ós Dragóns, que son máxicos e nos piden axuda para ir prantar, limpar, reciclar… Involucramos ás familias, xa que levan o conto e o mapa para casa e teñen que facer a ruta e deixar constancia na libreta do cofre do Tesouro (agochado na senda).

 

A actividade vai acompañada tamén dunha prantación de árbores, dunha horta escolar, da creación de brigadas de limpeza do patio, separación do lixo, taller de comedeiros para paxaros…

 

Apuntádesvos?

CRA Mestre Manuel Garcés (Tomiño)

Escola da Aurora

CRA Mestre Manuel Garcés (Tomiño) Escola da Aurora

Descrición do proxecto

 

Mural «Recicla con nós» baseado na unidade 4: A protección do medio.

 

Despois da colocación dun composteiro no patio, por iniciativa do Concello, a carón da nosa horta, decidimos investigar sobre a reciclaxe en xeral. Para iso fixemos as seguintes actividades: observación de imaxes e fotografías de paisaxes naturais limpos e non limpos; posta en común e nube de palabras sobre a reciclaxe; investigación de cada un dos contenedores a través de libros e internet, recollendo por escrito as ideas fundamentais e colaboración das familias na búsqueda de información e na aportación de material de refugallo.

 

Ademais, realizamos a plasmación artística dos distintos contenedores utilizando toda a información e material do que dispoñíamos; e realización dun vídeo informativo sobre o mural, dándolle difusión a través do blog da aula e na rede «Escolas na nube» do centro para o seu visionado polo resto do alumnado do CRA.

 

Recicla! Coidando a natureza melloraremos o planeta!

CEIP Plurilingüe de Quintela (Redondela)

6º Educación Infantil

CEIP Plurilingüe de Quintela (Redondela) 6º Educación Infantil

Descrición do proxecto

 

O noso proxecto está enmarcado na unidade 3: «Os sectores económicos».

 

Comezamos traballando o sector primario, froitas e verduras: onde nacen? en que tempada? cales son os beneficios das froitas para a nosa saúde?… Unha vez asimilados estes contidos pasamos a traballar o sector secundario. As froitas e verduras que se recollen da árbore pasan por fábricas onde as clasifican e as almacenan para o seu reparto e que poidan chegar a nós. Abordamos onde e como chegan a nós. Visitamos unha froitería, sector terciario, onde nos explicaron como se ordenan as diferentes clases de froitas, medidas de hixiene para collelas, o peso na báscula, os cartos que custan…

 

Voltamos á aula e como remate final fixemos o noso mural: «A froitaría». Para poder realizar o mural collemos unha parede do noso corredor de dimensións 2,20m x 2,80m e na súa confección utilizamos materiais de refugallo como papel continuo, témpera, pinturas, caixas de froita, un andel de madeira… Os nenos e nenas con axuda da mestra pintaron, recortaron e pegaron todo o material, dándolle forma ao noso mural.

Centro de Educación Infantil San José (Gondomar)

6º Educación Infantil

Centro de Educación Infantil San José (Gondomar) 6º Educación Infantil

Descrición do proxecto

 

O noso proxecto pretende concienciar na importancia da reciclaxe e informar sobre o uso incontrolado e abusivo do plástico. Un dos maiores problemas é cando o plástico chega aos nosos mares e océanos. A nosa aposta é «por un océano libre de plásticos».

 

A actividade consistiu en que os nenos e nenas trouxeran botellas de plástico e formaran un peixe simulando que vai comer o noso planeta. É a invasión do plástico. O planeta Terra creouse utilizando a técnica do collage. Ademais, como actividades previas visualizaron vídeos sobre como os océanos e os peixes sofren por este gran problema.

 

Para finalizar o proxecto, adquirimos unhas bolsas de cores (azul, amarela e verde) para reciclar todos os desperdicios da clase.