Proxectos primaria 2019

CEIP Plurilingüe As Solanas (A Guarda)

1º Educación Primaria

Descrición do proxecto

 

Partindo do proxecto de Ciencias Sociais «Onde Vivo», traballamos con máis detalle a contorna rural.

 

Como traballo final fomos de excursión a unha granxa onde os nenos e nenas observaron de primeira man os animais que viven alí, os traballos que sen levan a cabo e a maquinaria necesaria para desenvolvelos. No vídeo final fixemos un pequeno resumo sobre o investigado e, para fomentar a inclusión, o vídeo inclúe uns pictogramas para chegar a tod@s.

CEIP Serra de Vincios (Gondomar)

2º Educación Primaria

Descrición do proxecto

 

O proxecto baséase en que os nenos e nenas saiban que existen grupos de xente que buscan mellorar a calidade de vida doutras persoas no rural (os Grupos de Desenvolvemento Rural), pero sempre desde o respecto á natureza e tendo en conta que debe existir un equilibrio entre os recursos que collemos do medio natural e a conservación e desenvolvemento do mesmo. Os recursos naturais son limitados, esgótanse, polo que a nosa máxima ten que ser o desenrolo sostible: o equilibrio.

CEIP Serra de Vincios (Gondomar)

3º Educación Primaria

Descrición do proxecto

 

«Unha ruta pola beira do río Zamáns».

 

A tarefa de repercusión social consistiu en elaborar unha guía turística de Vincios para dar a coñecer os lugares de interese, elementos artísticos, flora e fauna, folclore… Unha das actividades consistíu en amosar unha parte da nosa vila, unha ruta pola beira do Zamáns para coñecer os diferentes tipos de árbores que medran na contorna, observar algunhas aves e as ruínas do que noutros tempos foron muíños de auga.

 

Os obxectivos eran aprender a traballar en equipo; buscar, seleccionar e reelaborar información; usar ferramentas TIC para a elaboración de traballos; desenvolver a creatividade e autonomía e usar a Biblioteca como fonte de información.