Resultado votacións

Éxito de participación no concurso escolar Creando Rural, que xa conta con gañadores.

 

A votación popular foi a encargada de elixir aos primeiros dous gañadores. Durante o período de votacións, recibíronse un total de 4.707 votos, dos que 2.852 foron na categoría de educación infantil e outros 1.855 na de primaria. Os centros escolares gañadores da votación popular son:

  • Educación infantil:  6ºEI CEIP As Solanas (A Guarda)
  • Educación primaria:  2ºEP CEIP Souto Donas (Gondomar)

 

Pola súa banda, e debido á calidade dos proxectos presentados a concurso, o tribunal decidiu por unanimidade outorgar catro premios ex aequo para recoñecer o gran traballo levado a cabo polo alumnado e profesorado participante. As clases gañadoras da votación do xurado son:

  • Educación infantil:
    • 5ºEI CEIP Laredo (Redondela)
    • 5ºEI CEIP Mallón (Nigrán)
  • Educación primaria:
    • 5ºEP CEIP Pintor Antonio Fernández (Tomiño)
    • 3ºEP CEIP Serra de Vincios (Gondomar)

 

Noraboa aos gañadores e gañadoras e moitas grazas a todas e todos pola vosa participación!