Resultados votacións 2019

Xa temos aos gañadores desta nova edición do concurso escolar Creando Rural!

 

Os dous primeiros gañadores foron elixidos por votación popular. Durante o período de votacións, recibíronse un total de 3.291 votos, dos que 2.582 foron na categoría de educación infantil e outros 709 na de primaria. Os centros escolares gañadores da votación popular son:

  • Educación infantil:  6ºEI Centro de Educación Infantil San José (Gondomar)
  • Educación primaria:  1ºEP CEIP Plurilingüe As Solanas (A Guarda)

 

 

Pola outra banda, as clases gañadoras da votación do xurado son:

  • Educación infantil. Nesta categoría o tribunal decidiu por unanimidade outorgar dous premios ex aequo para recoñecer o gran traballo levado a cabo polo alumnado e profesorado participante:
    • 3º e 6ºEI – CEIP Plurilingüe As Solanas (A Guarda)
    • CRA Mestre Manuel Garcés – Escola da Aurora (Tomiño)
  • Educación primaria:
    • 2ºEP – CEIP Serra de Vincios (Gondomar)

 

Noraboa aos gañadores e gañadoras e moitas grazas a todas e todos pola vosa participación! Esperámosvos na vindeira edición!